Skip to content

O Grupo de Ecoloxía de Macrófitos Acuáticos ten un dilatado historial e unha ampla experiencia no campo da formación cubrindo case a totalidade dos niveis educativos. Nos niveis de educación primaria e secundaria, o noso grupo contribúe coa formación do profesorado destes niveis no campo da ecoloxía e a paleoecoloxía, a través do programa do CSIC “O CSIC na Escola”.

Acollémos tamén a estudantes destes niveis para que realicen os seus “Proxectos de Investigación” e prácticas de empresa reguladas.

Xa no ámbito universitario, os investigadores de GAME imparten a totalidade dos niveis oficiais: “Prácticum regulados”, Traballos de Fin de Grao (TFG), Traballos de Fin de Máster (TFM), Cursos de Doutoramento de Alta Especialización, e dirección de Teses Doutorais. Tamén participan habitualmente en cursos de verán.

Máis aló do ámbito académico regulado, GAME participou e organizou numerosos cursos especializados en diversos campos de investigación dirixidos a amplos grupos interesados que van desde estudantes e licenciados universitarios e investigadores, ata profesionais do xornalismo, do ámbito político ou do dereito ambiental.

PARA MÁIS INFORMACIÓN, CONTACTA CON NÓS

Estaremos encantados de facerche unha proposta ou poñerte en contacto con outros colegas cun perfil máis axeitado ás túas preferencias.

Conscientes da importancia de que os coñecementos xerados en ámbitos científicos e académicos transcendan ao tecido empresarial do noso país, GAME ofrece as súas capacidades a empresas, fundacións e asociacións.

Formación profesional

Grupo de Ecoloxía de Macrófitos Acuáticos ofrece sesións de formación a medida nas seguintes áreas:
 
Mostras de campo (macrófitos mariños e sondaxe de sedimentos en inmersión)
Análise biogeoquímica de sedimentos mariños
– Cuantificación do carbono azul en pradeiras mariñas
– Elaboración de proxectos de compensación de carbono
 
As sesións van dirixidas ao persoal de empresas e da administración que necesiten capacitarse.
As sesións organízanse segundo demanda e formalízanse mediante convenio de colaboración co CSIC.
Back To Top