Oferta de traballo no Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CSIC)
Requisitos:
- Grao en Bioloxía, Ciencias do Mar, Ciencias Ambientais, Química, Física, Xeoloxía, ou campos afíns.
- Mestrado en Comunicación Científica (finalizado ou en curso) ou afín.
- Alto nivel en inglés falado e escrito.
- Capacidades avanzadas de redacción de textos en castelán.
- Nivel avanzado en aplicacións de Microsoft 365 (Office, Teams, etc.).
- Competencias avanzadas na creación, edición e xestión de páxinas web e redes sociais.
- Capacidades na elaboración de proxectos audiovisuais.
- Capacidade de traballo en equipo e boas aptitudes sociais.
Valoraráse
- Especialización en ecosistemas acuáticos en xeral, e mariños en particular.
- Coñecementos sobre macrófitos acuáticos.
- Titulacións para manexo de embarcacións de lecer e de mergullo con escafandra autónoma.
- Carné de conducir.
- Residencia en Blanes ou proximidades.
Tarefas a realizar (entre outras)
- Coordinación técnica dunha Rede de Investigación da Axencia Estatal de Investigación: Rede de Expertos Españoles en Ecosistemas de Carbono Azul.
- Xestión das páxinas web e redes sociais do grupo.
- Organización de reunións.
- Elaboración de material tipo Layman coa produción científica do grupo.
- Elaboración de material gráfico e audiovisual de divulgación de alta calidade.
- Elaboración de presentacións de PowerPoint de alta calidade.
- Elaboración de notas de prensa.
- Xestión de material documental e gráfico (fotos e vídeos) do grupo.
Data de inicio: Xuño 2025
Duración: 2 anos a tempo parcial (tipo ‘Indefinido’ a cargo de proxectos de investigación): 25 horas presenciais (luns a venres de 9:00 a 14:00); Unhas 14 000€ brutos anuais.
Lugar: Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CSIC), Blanes, Girona.
Grupo de investigación no que se integrará: Grupo de Ecoloxía de Macrófitos Acuáticos (game-csic.com).

