Skip to content

Finaliza o I Curso científico-técnico de cuantificación de carbono azul

O pasado venres 15 de xuño, demos por finalizado o I Curso científico-técnico de cuantificación de carbono azul. Este tivo unha duración de dous días completos no Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CEAB-CSIC) e incluiu sesións teóricas combinadas con experiencias prácticas no laboratorio e diante do ordenador. Esta combinación teórico-práctica, cunha alta dose de manipulación, permitiu aos asistentes experimentar con moito realismo todos os pasos desde o procesado das mostras tomadas durante o traballo de campo e a preparación das mesmas para diferentes análises ata a presentación e discusión dos resultados finais.

Agradecemos a todos os asistentes o alto grao de participación e aos organizadores (membros de GAME), a implicación na preparación desta primeira edición do curso agardando que sexa a primeira de moitas máis por vir.

Desde GAME estamos moi contentos co resultado! Deixámosvos un gráfico coa valoración do curso segundo os seus asistentes.

Back To Top