Historia dunha colonización
A análise paleoambiental de sedimentos baixo pradeiras de Zostera marina nas costas de Suecia, permitiunos identificar o momento en que a pradeira se estableceu na área estudada. Ao longo dos 14 000 anos rexistrados, Z. marina iniciaría a súa colonización fai uns 2 000 anos, cando as condicións ambientais foron favorables (fondos somerios e resgardados). A súa presenza supuxo un incremento de 20 a 24 veces máis no secuestro de carbono e nitróxeno nos sedimentos do lugar, ilustrando o valor das pradeiras mariñas como filtros do exceso de elementos perniciosos para o medio ambiente, contribuíndo á mitigación dos seus efectos (CO2-Quecemento global e nitróxeno-eutrofización).
Publicación: Martin Dahl, Martin Gullström, Irene Bernabeu, Oscar Serrano, Carmen Leiva-Dueñas, Hans W. Linderholm, Maria E. Asplund, Mats Björk, Tinghai Ou, J. Robin Svensson, Elinor Andrén, Thomas Andrén, Sanne Bergman, Sara Braun, Anneli Eklöf, Zilvinas Ežerinskis, Andrius Garbaras, Petter Hällberg, Elin Löfgren, Malin E. Kylander, Pere Masqué, Justina Šapolaitė, Rienk Smittenberg, Miguel A. Mateo (2024). Un rexistro de 2.000 anos da colonización de fanerógamas mariñas (Zostera marina L.) amosa ganancias substanciais no almacenamento de carbono azul e na retención de nutrientes. Global Biogeochemical Cycles (en fase de produción).



