Mostraxe de éxito en Andalucía
O equipo GAME regresou hai unhas semanas da segunda gran campaña na costa de Andalucía enmarcada no proxecto Vida Azul NaturaEsta tiña como obxectivo amosar a variabilidade espacial e ambiental do stock e os fluxos de carbono que constitúen as pradeiras de fanerógamas mariñas de Andalucía. Amoseouse nas provincias de Almería, Granada e Málaga en pradeiras de Posidonia oceanica e de Cymodocea nodosa.
Foron 11 días de intenso traballo e de convivencia no Buque Oceanográfico García del CidRealizáronse mostrexos manuais en zonas someras, intermedias e profundas así como mostrexos mecanizados, a través do Vibro Core en zonas profundas.
Nesta campaña muestreouse en 17 puntos, sacáronse 13 vibrocores e 34 núcleos manuais de aproximadamente 2 metros de lonxitude!
A lonxitude máxima dos testemuños de sedimento extraídos foi de 5,40 metros. Estes testemuñas (cores) recollen probablemente varios miles de anos de historia do sumidoiro de carbonoEn algúns lugares puidemos alcanzar os sedimentos anteriores á instalación do hábitat de pradeira mariña, polo tanto temos a seguridade de que estes testemuños constitúen unha mostra completa de todo o almacén de carbono acumulado pola pradeira mariña.
Agás dos núcleos, tamén se tomaron mostras de biomasa, feixes verticais para facer análises lepidocronolóxicos e mostras de produtores primarios para a análise da sinal isotópica.
O seguinte paso é a realización de submostraxes no laboratorio (estimamos un total de 960 submostras que proveñen dos cores) e as análises elementais co fin de cuantificar a cantidade de Carbono que as pradeiras andaluzas poden acumular, contribuíndo así á mitigación dos efectos do cambio climático.





