O tomógrafo computarizado (CT) para cuantificar o sumidoiro de carbono asociado ás pradeiras de fanerógamas.
Clara Roig presentou hai uns días o seu traballo de mestrado diante do tribunal da UB despois de meses traballando co equipo de GAME no CEAB-CSIC.
O seu traballo propón o tomógrafo computerizado (CT) para cuantificar dunha maneira non destructiva a proporción das fraccións orgánicas e inorgánicas dunha sondaxe de sedimento dunha pradeira de Posidonia oceanica do Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera, nas Illas Baleares extraído por GAME.
As imaxes da sondaxe foron analizadas e comparadas cos resultados dos métodos analíticos estándar (Perda por ignición para a análise da materia orgánica e Calcimetrías de Bernard para a análise do carbono inorgánico) coa finalidade de atopar correlacións.
Os resultados amosan unha alta correlación, o que suxire a posibilidade real de utilizar metodoloxías como o tomógrafo computerizado (CT) para cuantificar o tamaño do sumidoiro de carbono orgánico e inorgánico asociado aos sedimentos de pradeiras de fanerógamas mariñas.

Todos os membros do grupo queremos felicitarte polo resultado obtido, froito de moita dedicación, interese científico e capacidade de traballo. Noraboa Clara!



